01 marzo 2024

AGENTE SONYA

 




Axente, amante, nai, soldado, espía Sonya é unha biografía dunha muller que foi todo iso nunha época moi convulsa de Europa. Dende a segunda metade dos anos 20 ata os anos 50 do século XX.

O libro é unha viaxe histórica e xeográfica a través da vida desta espía, Alemania, China, Suiza, URSS, Reino Unido...

Aprendemos da vida das comunidades estranxeiras en Asia, da espionaxe no periodo de entreguerras, durante a segunda guerra mundial, a vida dos exiliados xudeus en Reino Unido, da carreira para conseguir a bomba atómica... Para min foi un libro que explica moito da historia e que, tristemente, lembra e axuda a entender o que está pasando en Europa na actualidade.

Dende a perspectiva de xénero podemos ver os problemas de conciliación familiar, que ademais de falta de tempo para atender aos fillos, hai que engadir que se Sonya-Úrsula é descuberta a súa familia corre perigo de morte. Por outro lado, a mellor tapadera para a espía é ser muller e nai. Aquí a temos cos seus fillos e filla.



Sobre o autor: BEN MACINTYRE,( 25 de decembro de 1963, Oxford, Reino Unido) é columnista e editor asociado en The Times, diario para o que tamén traballou como corresponsal en Nueva York, París e Washington. É autor de O axente Zigzag, a verdadera historia de Eddie Chapman, el espía más asombroso de la segunda guerra mundial (2009), O home que nunca existiu. Operación Carne Picada, a historia do episodio que cambiou o curso da segunda guerra mundial (2010), A historia secreta do día D, a verdade sobre os superespías que engañaron a Hitler (2013), Un espía entre amigos, a gran traición de Kim Philby (2015), Os hombres do SAS, Héroes e canallas en el cuerpo de operaciones especiales británico (2017), Espía e traidor, a maior historia de espionaxe da guerra fría (2019) e Axente Sonya (2021).



02 febreiro 2024

DÍA DA PAZ

 

 Este curso celebramos o día da Paz co alumnado de centros adscritos que nos visitou por estas datas.

Decoraron e escribiron nas palomas da paz que colgaron da nosa árbore.



19 xaneiro 2024

AS MALAS MULLERES



Xa tivemos a reunión para falar da novela de Marilar Aleixandre, parece que foi unha boa elección, hubo unanimidade en que gozaramos da lectura, aprendemos sobre Concepción Arenal e de Juana de Vega da que a maioría sabiamos moi pouco e da historia de España e da Coruña nesa época. En canto ao final houbo algún desacordo, sobre se fora feliz ou non. Aquí o deixo e animo a lelo e deixar opinións. 

Concluímos que os premios foron ben merecidos.

PREMIO BLANCO AMOR 2020

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2022

Reseña da editorial Galaxia


A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura 
e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia 
a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as 
mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción
Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para
entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas 
mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores
sexuais.
A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a 
memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña,
en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, 
traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. 
Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar 
a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.
Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai e
nmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben 
armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.

Unha breve biografía da autora:

María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1 de maio de 1947) De avoas
e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. 
Di sentir saudade dos sitios nos que viviu por mor dos destinos laborais 
do pai: Ceuta, Doña Mencía(Córdoba) e Madrid.  Estudou a carreira de 
Bioloxía na Universidade Complutense. Alí comezou a traballar no 
departamento de Entomoloxía, pero os atrancos cos que tropezou por
ser muller animárona a opositar ao ensino secundario, e así chegou 
a Galicia, en setembro de 1973, como catedrática no Instituto do Calvario, 
en Vigo. Implicouse na resistencia clandestina contra a ditadura:
presidiu a asociación de veciños do Calvario, participou na primeira 
asociación feminista galega e despois na Asociación Galega da 
Muller (AGM)  Axiña adoptou o galego como a súa lingua literaria e 
se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis 
consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago 
de Compostela onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais 
e Educación Ambiental, dende 1988.

Enace a entrevista escrita de Europapress

Enlace a entrevista en Youtube

Vídeo de entrevista á autora sobre As malas mulleres




21 decembro 2023

NADAL NO FERROL VELLO

 

As actividades que tivemos este curso resúmense neste cartel.

Decoración de puertas:

Postais do departamento de Plástica:


 

Concurso de doces:


Entrega de premios: