30 outubro 2016

Chega novembro!


Con novembro ás portas, e con el tantas festas relacionadas co alén, no Club de Lectura aportamos o noso gran de millo para que o Magosto,  Halloween ou Samaín non pasen desapercibidos na Biblioteca.

Nas sesións dos días 21 e 28 de outubro, alumnos e profes estiveron coa decoración e, entre morcegos e fantasmas, falouse de literatura de terror, de maxia e de misterio. Tamén entre os novos comentaban as súas últimas lecturas e mesmo empezamos a barallar o destino dunha posible excursión do Club.

Tras unhas sesións ben divertidas, quedamos para o cinco de novembro; ese día leranse relatos de misterio alleos ou propios. Xa contaremos!











Ningún comentario:

Publicar un comentario