08 xaneiro 2018

Cartas de inverno

Hoxe tivemos a reunión do Club de Lectura IES Ferrol Vello para comentar o libro que limos no primeiro trimestre: "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz.

Presentámolo visualizando o booktrailer feito pola profesora do CPI As Mirandas Yolanda Castro.

Na reunión discutimos sobre os personaxes da novela, as opinións sobre o final, que non estaba moi claro, e soubemos que Xerais publicou a novela gráfica de Antonio Seijas basada nesta novela co mesmo título.

Neste enlace tedes o booktrailer basado na novela gráfica e aquí tedes unha foto da reunión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario