Xa tivemos a primeira reunión do 2025. Falamos de Un caballero en Moscú de Amor Towles,
unha novela que nos encantou a todas. Sempre quitamos cousas interesantes de todas as nosas lecturas e das nosas conversas posteriores pero con esta pasámolo moi ben lendo, aprendemos de desfrutar da vida, en todos os aspectos, placeres físicos e intelectuais, amizade, amor, paternidade incluso sen saír dun edificio durnte catro décadas.
Hai unha serie que, na miña opinión, é unha boa versión da novela.
Aquí tedes un enlace ao trailer: TRAILER UN CABALEIRO EN MOSCOVA
Biografía o autor:
Escritor americano, nado en Boston en 1964, Amor Towles graduse na Universidade de Yale e estudou Literatura Inglesa en Stanford. É un apaixonado das vangardas de principios do século XX, así como do jazz.
Towles comezou a súa carreira combinando o seu traballo como director financeiro coa literatura, sendo Normas de cortesía o seu primeiro libro publicado en castelán. A novela foi traducida a máis de quince idiomas, converteuse en bestseller de The New York Times e foi considerada por The Wall Street Journal como un dos mellores libros de 2011.
A acollida do público multiplicouse coa publicación da súa segunda novela, Un cabaleiro en Moscova, que escalou ata o primeiro posto na lista de The New York Times. Este éxito permitiulle abandonar o mundo das finanzas e dedicarse a escribir a tempo completo.